Ligazóns de interese

A modo de información complementaria, recóllense diversos vínculos cos sitios existentes con material e información en prol do fomento e animación á lectura a través dos cales, desexamos que o libro chegue ao público e o público se achegue ao libro.

Image
Image
Image

Portal de Bibliotecas Municipais. Web das bibliotecas municipais da nosa cidade da Coruña, abertas á cidadanía con equipamentos de calidade, servizos innovadores e persoal cualificado.

Image

Web oficial de Bibliotecas escolares de Galicia. Web oficial de Bibliotecas escolares de Galicia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Image

Cultura galega. Web institucional que aglutina las principais referencias do Audiovisual, literatura e música galegos.

Image

Rede de bibliotecas de Galicia. Portal Web cun extenso catálogo de profesionais e actividades en permanente actualización de actividades estables en prol do fomento da lectura.

Image
Image

Praza das letras. Proxecto pensado para conter e dinamizar o coñecemento do noso discurso literario, crítico e documental e como fornecedor dun espazo que integre isto coa industria editorial que lle dá soporte.

Image

Programa actuacións Ano do Libro e da Lectura. Programa de actividades da Consellería de Cultura e Turismo, onde se detallan as actuacións a desenvolver nos seguintes eidos: animación cultural, congresos e conmemoracións, promoción e difusión do libro, fomento da lectura e da escrita e xestión do libro e bibliotecas.

Image

Letras vivas. Iniciativa dirixida a propiciar que as bibliotecas públicas integradas na rede de bibliotecas de Galicia conten cunha programación de actividades estables en prol do fomento da lectura e promoción dos creadores.

Image

Blog Hora de ler. Blog da campaña de fomento da lectura Hora de ler, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Image

Creación de dous programas acerca do libro na CRTVG. A Televisión de Galicia emitirá un total de 220 programas de 1 minuto diario de duración, de luns a venres, ao remate dos informativos de mediodía –un dos momentos de maior audiencia televisiva- as derradeiras publicacións en galego a través da presentación dos últimos libros publicados con preferencias das novidades.

Image

Día internacional do Libro infantil: Como cada ano dende 1967, o día 2 de abril, o IBBY -International Board on Books for Young People- celebra o Día Internacional do Libro Infantil, un día que, ademais de servir para achegar o amor polos libros aos mais pequenos, se conmemora o nacemento do popular escritor danés Hans Christian Andersen.

Image

Día internacional do e dos dereitos de autor: Web oficial da Unesco onde se detallan todas aquelas cuestións relacionadas co "Día Mundial do libro e do Dereito de Autor", así como a orixe desta festa cada 23 de abril pola conmemoración do falecemento de tres escritores: o español Miguel de Cervantes e Saavedra, o inglés William Shakespeare e do cronista Garcilaso de la Vega, todos falecidos coincidentemente na mesma data: 23 de abril de 1616.

Image
Image

Coincidindo co Ano do Libro e da Lectura de Galicia, as Feiras pretenden ser máis atractivas a través dun ambicioso programa de actividades literarias, musicais, teatrais e humorísticas. Neste senso, péchase para o 2010 o seguinte calendario de feiras do Libro galegas que percorrerán a nosa Comunidade:

  • Ourense, 29 de maio - 6 de xuño. Rúa do Paseo, Praza Bispo Cesáreo.

  • Vigo, 2 de xullo - 11 de xullo. Praza de Compostela.

  • Cangas, 21 de xullo - 25 de xullo. Alameda de Soage.

Image

A Coruña, 1 de agosto - 10 de agosto. Xardíns de Méndez Núñez. A 39 Feira del Libro de A Coruña celebrarse ao longo de aproximadamente 10 días, cun amplo programa de actividades entre as que soen destacar contacontos, conferencias, encontros cos escritores que se acercarán ata a Feira, presentacións de libros...Cada ano a Feira do libro da cidade herculina, consolídase como a máis importante de Galicia, instalándose nos tradicionais xardíns de Méndez Nuñez, nos que permanecen abertas máis de medio centear de casetas nas que se ofrecen todo tipo de libros, desde os infantís ata as grandes enciclopedias, así como algúns de coleccionista. Das casetas, varias soen pertencer a librerías, outras a editoriais e o resto adícanse para exposición e venda de publicacións de institucións.

  • Viveiro, 13 de agosto - 16 de agosto. Xardíns de Noriega Varela.

  • Foz, 19 de agosto - 22 de agosto. Praza do Conde de Fontao.

  • Monforte, 25 de agosto - 28 de agosto. Rúa Cardeal.

Cada unha das feiras citadas, contará cunha caseta conmemorativa do Ano do Libro e da Lectura.