Recursos educativos en prol da lectura

Image

A continuación expóñense unha serie de recursos educativos ao redor de diversos programas de promoción do libro fomento da lectura e a escrita na nosa Comunidade Autónoma, coa finalidade expresa de que resulten de utilidade para o resto da comunidade educativa.

Image

Hora de ler. Programa no que se incardinan as accións de fomento de lectura da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dentro deste programa, entre outras accións, inclúese a convocatoria de Clubs de Lectura en centros de secundaria á que están acollidos 177 na actualidade.

Image

Fundación Caixa Galicia. A Biblioteca Fundación Caixa Galicia realiza actividades de animación á lectura así como diversos talleres de ilustración, contacontos,

Image

Caixa de palabras máxica. Animación á lectura. Técnicas de animación á lectura e animación á escritura. Literatura infantil e xuvenil. Xogos de linguaxe a partir dos contos.

Image

AnimaLec. Proxecto de traballo que pretender ofrecer á comunidade educativa en xeral -pais, nais, docentes, profesionais- recursos, ideas e propostas para fomentar a lectura. É un espazo aberto, sen unha liña pedagóxica concreta.

Image

Xogo Poético. Web da poesía infantil, do xogo poético e da creatividade. Nesta páxina atoparás materiais didácticos que che posibiliten o achegamento ao mundo da poesía.

Image

Educar.org. Espazo para docentes sobre experiencias, retos e iniciativas para estimular o interese na lectura e as habilidades de redacción e escritura na mocidade...