Identificación
“A Esmorga”, Eduardo Blanco Amor
Naceu na cidade de Ourense o 14 de setembro de 1897 e faleceu en Vigo o 1 de decembro de 1979, ós 82 nos, foi un escritor e xornalista galego.
No eido familiar, un dos acontecementos que máis o marcou, tanto no terreo profesional como no persoal, foi o abandono do fogar por parte de seu pai, cando era pequeno. Isto fixo cas condicións económicas familiares, non lle permitiran acceder ós estudios de secundaria e comezou a asistir en calidade de oínte. En 1915, á idade de dezasete anos, comezou a traballar como secretario de dirección en "El Diario de Orense". Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, de quen tamén foi alumno na Escola Normal, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega.
En 1919, moi novo, emigrou a Bos Aires, onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na Federación de Sociedades Galegas, fundada en 1921, que pretendía aglutinar tódolos inmigrantes galegos e da que chegaría a ser director do seu órgano El Despertar Gallego. No 1924 coñece a Ramón Suárez Picallo, que había ser o seu gran amigo. En 1923 fundou con Ramiro Isla Couto a revista "Terra", en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista chamada Céltiga, da que tamén será director. En 1926 entrou a formar parte do diario arxentino La Nación, onde coñeceu escritores arxentinos como Leopoldo Lugones, Horacio Quiroga, Borges, Sábato e Mallea. Tamén colaborou con publicacións como El Correo de Galicia e a Revista de la Casa de Galicia.
En 1981, dous anos despois da súa morte, por iniciativa do concello de Redondela, instituíuse o Premio Blanco Amor de Novela, organizado e sufragado por varios concellos galegos. En 1993 a Real Academia Galega dedicoullle o Día das letras Galegas.
-
"A esmorga"
Novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega, publicada en 1959.