Identificación
O Entroido Galego
O Entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego.
Non se sabe con certeza a súa orixe, pero é a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera.
Do termo "Introitum"(que significa "a entrada á Coresma") xurdiu a palabra "Entroido" ou "Antroido".
Os máis famosos son os celebrados en Ourense e Lugo, coma os de Laza, Verín e Xinzo.
* Entre os chamados "ritos de grupo" temos:
Os Cigarróns: personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín). As Pantallas amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia).
Os Peliqueiros (coma en Laza): personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres, animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados, simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.
Os Correos: van pola veciñanza ofrecendo cós Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón. Os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do século XIX.
Os discursos coma os testamentos, os arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.
* Os festexos máis importantes son:
Domingo Fareleiro ou Borrallento: é costume que os veciños se manchen uns ós outros con borralla ou farelo (a fariña de peor calidade).
Xoves de Compadres: neste día realízase unha tradicional pelexa entre sexos. As mozas fabrican un boneco ou varios bonecos que representan os homes e tentan queimalo, mentres os mozos loitan por llo roubar.
Domingo Corredoiro ou Oleiro: realízanse celebracións moi diferentes segundo os lugares. Tradicionalmente era cando se facía a corrida do galo. En Laza, lánzanse formigas enriba da xente e faise a farrapada, loita con farrapos enchoupados en lama ou esterco. Na Praza Maior de Xinzo celébrase o xogo das olas, en que os participantes se pasan olas de barro, e a aquel que lle rompa debe pagar unha rolda.
Xoves de Comadres: ó reves do de Compadres, son os homes os que fan un ou varios bonecos con feitura de muller e son estas quen loitan por llelo sacar.
Santo Entroido:
Domingo de Entroido
Luns de Entroido
Martes de Entroido: en moitos lugares celébranse os Testamentos do Entroido e entérrase a representación da festa.
Domingo de Piñata
* Outros pobos galegos onde as festas do Entroido son moi coñecidas:
Maceda (Ourense): Os Felos: Información e Programa do entroido 2011
Entroido doa Cobres (Vilanova- Pontevedra): Madamas e Galáns e Recorrida do GaloMADAMAS E GALANS e Programa do entroido 2011
Entroido Ribeirao (Chantada- Lugo): Os Volantes, os Peliqueiros, os Mecos e os Maragatos. Información - Entroido na Ribeira Sacra e Vídeos sobre entroido ribeirao
* Tamén podes acceder as Galerías de fotos do Entroido que temos na nosa web:
¡Tempo para a diversión e para o bo xantar... nestas festas non pode faltar o lacón con grelos, a androlla, as chulas, as orellas ou as filloas!
(Moita da información desta sección pódese atopar e ampliar nas seguintes ligazóns: As orixes e ritos do Entroido, Chega o entroido)