Decálogo de propostas para a realización de actividades, na Semana das Letras Galegas, nos centros de ensino da nosa comunidade.

Image

O conxunto de actividades que os centros de ensino adoitan desenvolver na Semana das Letras Galegas, presenta unha gran variedade. En realidade, non hai máis límite a este respecto que a imaxinación do profesorado, a propia creatividade dos alumnos e os medios a disposición duns e outros.

Nembargantes, somos conscientes de que na maioría dos centros de ensino, sóense replicar moitas delas. Por iso, propoñémosche dez ideas sobre posibles actividadesferramentas 2.0, bancos de recursos, dinámicas de xogos– que se poden levar á práctica nos centros de ensino galegos para o 17 de maio, así coma os vínculos didácticos ilustrativos sobre cada unha das mesma nos que, todos aqueles que o desexen, poderán ampliar a información.

¿Qué actividades podemos levar a cabo?

Exemplos

1. Creando un posdcast

  • Recitando os poemas máis coñecidos de Uxío, a través de podcast e nos xéneros musicais cos que te sintas máis indenficado: Rap, Funky, Hip-hop, etc.

2. Producindo un vídeo

  • Representando a parte/s dun/ha obra do poeta galardoado, que máis vos atraia editándoa en formato vídeo ou analizando os diversos vídeos que se atopan na rede sobre o homenaxeado.

3. Rexistrándose en redes sociais

  • Apoiando o poeta na redes sociais – Twitter, Ning, etc.– para apoiar o autor e lanzando grupos ou debates sobre o mesmo, opinións, enquisas...

4. Elaborando un blog

  • Elaborando un blog coas obras máis significativas, curiosidades sobre o galardoado, as vosas opinións sobre as mesmas, ...

5. Creando unha Wiki

  • Creando un sitio web para que todos e todas poidades ler e editar contido voluntariamente sobre o autor galardoado, dende o voso navegador web.

6. Xogando con HotPotatoes

  • Crear con este programa de autor, exercicios sobre Uxío Novoneyra de opción múltiple, ordenación, asociación, recheo de ocos…, acompañados de audio y vídeo.

7. Xogando con Jclick

  • Crear con este programa gratuíto exercicios sobre o poeta Uxío Novoneyra, a través de crebacabezas, asociacións, palabras cruzadas, etc.

8. Adaptando xogos de mesa tradicionais.

  • Creando xogos de fichas que poderían consistir en ir descartando persoaxes homenaxeados para tratar de adiviñar quén é o “galardoado” mediante preguntas relacionadas col aspecto físico, obras,...: ”Quién es quién” o “Adivina quién”.

9. Recitando poesía.

  • Organizando recitais de poesía, coa finalidade de que cada un de vos recite na clase, no salón de actos, etc., as obras más coñecidas do galardoado.

10. Representando unha obra de teatro.

  • Documentándote sobre vida e obra do autor e representándoa nunha obra de teatro ós teus profesores, alumnos, pais, etc.

¡¡Esperamos que estas ideas vos sexan de utilidade!!


Máis información›› Acode a Ferramentas de autor e aplicacións webs gratuitas da sección Recursos educativos e Enlaces de interese, para ampliar a información sobre como levar a cabo estas actividades dirixidas ao Día e Semana das Letras Galegas, a través de: podcast, vídeos, redes sociais, blogs, wikis, Hotpotatoes e Jclick, tanto para profesores como para alumnos.