Orixe do Día das Letras Galegas

Image

A historia do Día das Letras Galegas, comeza formalmente en marzo de 1963 instituído pola Real Academia Galega –RAG–, para distinguir ás figuras destacadas da cultura galega.

Coincidindo co centenario da publicación na Habana do poemario Cantares galegos da poetisa Rosalía de Castro, tres membros da Academia – Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo y Manuel Gómez Román–, enviaron ao Presidente da institución –Sebastián Martínez Risco– unha carta na que se propuña consagrar, con carácter perdurable, o valor simbólico da data 17 de maio a través dunha celebración anual. Aprobada a iniciativa no seo da RAG, solicitouse ao Ministerio de Información e Turismo a autorización para levala a cabo, obtendo contestación favorable.

No seu primeiro ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado, á figura de Rosalía de Castro, promovéndose pola institución académica numerosos actos de homenaxe á autora e a súa obra, a maioría deles na cidade da Coruña. A significación e alcance da festividade foron extraordinarios, non só nos círculos literarios senón tamén nos ambientes populares.

Desde esa data, dedícase o 17 de maio de cada ano, a unha figura destacada da cultura galega, elixida en Xunta Ordinaria pola RAG coa única salvedade de que un autor ten que cumprir tres requisitos para ser candidato ao Día das Letras Galegas:

  1. Ter unha obra literaria relevante escrita en galego: En 1955, Uxío Novoneyra, publicou o seu primeiro libro de poemas en galego, "Os Eidos"(ed. Galaxia), con prólogo de Ramón Piñeiro e que está centrado no espazo xeográfico da súa terra natal.

  2. Levar dez anos ou máis falecido: Novoneyra, faleceu o 30 de outubro de 1999, polo que xa o ano 2009 cumpría o requerimento que obriga a deixar pasar dez anos entre a morte dun autor e a súa designación como protagonista dun 17 de maio, polos membros da Real Academia Galega.

  3. Ter el apoio de polo menos tres membros da Real Academia Galega –RAG–. O plenario da Real Academia Galega decidiu o 27 de xuño de 2009 dedicar o 17 de maio próximo, Día das Letras Galegas do 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).

Unha vez cumpridos os requisitos, a institución finaliza o proceso escollendo a figura homenaxeada tras un debate interno, acostumando a anunciar o seu nome a comezos do mes de xullo. No caso que hoxe nos ocupa, Uxío Novoneyra será o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.