Identificación
¿Que actos preparatorios estanse a desenvolver na túa escola ante o Día das Letras galegas? e ¿ante o galardoado do 2010?
O labor de sensibilización en torno o valor do patrimonio cultural galego que se pretende levar a cabo co Día das Letras Galegas non sería viable sen a imprescindible colaboración dos centros de ensino.
Cada ano, os centros escolares de Galicia organizan actividades relacionadas co 17 de maio, a través das cales nenos e mozos levan a cabo unha aproximación lúdica e formativa á lingua galega e aos personaxes destacados da súa cultura. Aínda que o 17 de maio é un día festivo en Galicia, as actividades preparatorias adoitan incrementarse nos días previos, especialmente na denominada Semana das Letras Galegas.
Por este motivo, habilitouse un espazo de información e reflexión coa intención que todos aqueles que desexedes achegar os vosos comentarios e intercambiar información a cerca do tipo/s de actividade/s preparatorias que teñen previsto desenvolver ao redor desta festividade no voso centro de ensino.
¿Que actos preparatorios estanse desenvolvendo na túa escola ante o Día das Letras galegas? e ¿ante o galardoado do 2010?
¡¡ Participa!!: Coméntanos qué é o que se está a preparar no teu centro de ensino e coñece en qué está a traballar o resto da comunidade educativa galega, en torno a este acontecemento.
-
Por María Mercedes (Víctor López Seoane) 29 de abril de 2010 11:39
Eu recordo que tiña un compañeiro na miña clase que sempre debuxaba un cómic sobre o día das letras galegas no chan da pista de baloncesto cunhas tizas de cores. Quedáballe moi ben. -
Por Pedro 03 de mayo de 2010 10:36
A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña elaborou unha Guía de lectura sobre Uxío Novoneyra para festexar o Día das Letras Galegas 2010.
A podedes descargar nesta páxina:
http://www.coruna.es/servlet/Sate...Contenido&defContenido=Documento
Está moi ben!!!