Día Das Letras Galegas de 2009

Image

A historia do Día das Letras Galegas comeza formalmente en marzo de 1963, cando tres membros numerarios da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, envían unha carta ao presidente da institución, Sebastián Martínez Risco.

Con motivo de se celebrar no presente ano o Centenario da pubricación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á consideración da Xunta xeneral da "Real Academia Gallega", a seguinte proposta:

1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa, pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.

2º.- A celebración do centenario diste acontecimento, convida a reconsiderar o siñificado do mensaxe transmitido nos "Cantares". Un mensaxe que, tanto como esprito e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, estéticamente, un mensaxe de palabra e poesía.

3º.- Velahí por qué, ademáis dos aitos conmemorativos que se orgaícen pra reaitualizar na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia -como órgano oficial da nosa cultura- debería consagrar, con caracter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.

[...]

Pouco tempo despois, tivo lugar unha Xunta ordinaria e dous días despois, o presidente da RAG, Sebastián Martínez Risco, comunicou este acordo ao Ministerio de Información e Turismo e solicitou a súa autorización para levar a cabo esta iniciativa.

O 14 de maio, o delegado provincial do Ministerio de Información e turismo, Francisco Serrano Castillo, en nome do Excmo. Sr. Ministro contestaba de maneira favorable esta iniciativa.

Aquel primeiro ano de 1963 honrouse a figura de Rosalía con numerosos actos promovidos pola institución académica, que tiveron como sede principal a cidade herculina. Desde outras cidades e institucións tamén se promoveron homenaxes e actos destinados a honrar a autora galega e a súa obra.

Información extraída de Día das Letras Galegas, 17 de maio

  • Icono (imagen) Ramón Piñeiro López

    Dezaoito anos despois da súa morte, Ramón Piñeiro é o protagonista do Día das Letras Galegas 2009.

  • Icono (imagen) Noticias relacionadas

    Con só un click, poderás coñecer noticias sobre este día así como actos conmemorativos sobre o mesmo.