Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Itinerarios

Información xeral
Descrición

Itinerarios pola cidade para coñecer a súa historia e algúns dos edificios emblemáticos mediante actividades de observación.

Persoas destinatarias

Alumnado desde terceiro a sexto de primaria, secundaria e bacharelato dos centros escolares do municipio.

Período de realización

Do 19 de maio ao 20 de xuño de 2016

Condicións do programa
  • Cada centro poderá solicitar un único itinerario por grupo-clase.
  • Necesidade da presenza do profesor/a do grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento do itinerario.
  • O programa ten establecido un número máximo de itinerarios. No caso de que a demanda fose maior que a oferta procederase á adxudicación por rigurosa orde de inscrición.
  • Servizo de transporte
    • O transporte facilitao o Concello.
    • O bus estará disponible media hora antes do inicio de cada itinerario. Este horario pode axustarse en función da distancia do centro ao lugar de inicio do itinerario.
    • Os autobuses teñen 55 prazas, polo que en ningún caso pódese sobrepasar este número de participantes (incluido o profesorado acompañante).
    • Os centros que precisen transporte adpatado deben solicitalo previamente.
Horario

Sesións de 90 minutos. O horario establecerase unha vez que estea elaborado o calendario.

Custo

1,50 € por alumno/a.
Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e modo de ingreso da cota.

Inscrición centros
Centros onde se oferta

ITINERARIOS QUE SE OFERTAN

3º e 4º EP

Picasso mozo: de casa ao colexio. Itinerario SMART
En tempos medievais. Itinerario SMART

5º e 6º EP

Prazas con poder. Itinerario SMART
A Coruña: praza forte. Itinerario SMART

1º e 2º ESO

O Camiño Real. www.artealdescubierto.coruna.es
Cando A Coruña era Marineda. Itinerario SMART.

3º e 4º ESO

Carnet Picasso. Itinerario SMART.
Casas consistoriais ao longo da historia. www.artealdescubierto.coruna.es

Bacharelato

A cidade do vento. Itinerario SMART

* Itinerarios SMART. É unha versión dixital do mesmo percorrido que permite traballalo previamente na aula. O itinerario SMART é unha nova forma de dar a coñecer á cidad aos escolaresa través de contidos dixitais interactivos.

Unha sinxela páxina web é o punto de partida onde profesorado e alumnado preparan o seu itinerario. Desde ela poden explorar, coñecer e estudar a historia, o arte e as curiosidades dos elementos que máis tarde coñecerán in situ.

Inscrición
Inscrición centros
Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao
educacion@coruna.es
Tel. 981 18 42 00 ext. 12047
Fax: 981 18 43 70