Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Bolsas de estudos Junior Year 2017-2018

Información xeral
Descrición

Programa no que se ofrece a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o Grao 11 en EE.UU. ―equivalente a 1º de Bacharelato― así como de adquirir un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura. Asemade, constitúe o obxecto do programa a educación das persoas participantes no respecto á diversidade cultural, racial, sexual... e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Este programa educativo realizarase por medio da concesión de bolsas.

Neste curso disponse de 50 prazas (con posibilidade de incrementar a 60).

Entregaranse uns cartos de peto para gastos persoais do alumnado

Persoas destinatarias

Alumnado matriculado e empadroado no Concello da Coruña que estea cursando 4º de ESO durante o curso 2016/17 e estean en condicións de cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2017/18.

REQUISITOS:

  • Constar empadroado ou empadroada no Concello da Coruña e residir na cidade xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, dende o 1 de setembro de 2016. Tamén serán aceptados empadroamentos posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • A persoa solicitante deberá autorizar ao Concello da Coruña, marcando a casa que aparece na ficha de solicitude, para que consulte os datos do Padrón municipal e comprobar que consta empadroada na cidade.
  • Estar matriculada/o e cursando 4º de ESO.
  • Obter en 3º da ESO unha cualificación media de 6,5 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Obter en 3º da ESO unha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).

O termo "representante legal", para estes efectos, resulta aplicable exclusivamente aos supostos en que a representación legal do menor non sexa ostentada polos pais, senón por unha persoa distinta.

Período de realización

O programa comezará en agosto de 2017 e finalizará en xuño de 2018, incluídas as vacacións escolares de Nadal e Semana Santa.

Condicións do programa

BAREMACIÓN

  1. Características persoais do/a estudante para vivir durante un curso académico cunha familia diferente á propia no contexto social e académico da cultura norteamericana. Este criterio será valorado coa información que achegue o documento que figura como anexo I, que será cuberto polo centro educativo no que a/o alumna/o cursou 3º da ESO. Este requisito será valorado cun máximo de 5 puntos. De non se acadar unha cualificación media de 3 puntos non se continuará no proceso.
  2. Cualificación media obtida en 3º da ESO, até un máximo de 5 puntos.
  3. Cualificación final da materia de lingua estranxeira (inglés) en 3º da ESO, até un máximo de 3 puntos.
  4. Ingresos económicos familiares até un máximo de 10 puntos.
  5. Discapacidade do participante, pai, nai ou irmán/á ou calquera outro membro que integre a unidade familiar, igual ou superior ao 33%:

Serán seleccionadas/os os/as participantes que obteñan maior puntuación coa suma das obtidas nos distintos apartados do baremo.

Unicamente se valorarán por parte da comisión documentos oficiais das entidades públicas e privadas correspondentes, asinados polas persoas responsábeis das certificacións que se esixen e, no seu caso, as declaracións responsábeis que se soliciten. Poderase requirir ás persoas participantes para que acheguen documentación adicional co obxecto de acreditar os méritos ou o cumprimento dos requisitos previstos nesta convocatoria.

DOCUMENTACIÓN

  1. A documentación presentarase nun sobre pechado. No anverso do mesmo deberá constar o nome e apelidos da/o alumna/o solicitante e o seu enderezo. A instancia que acompañe o sobre coa documentación deberá estar encabezada polo/a alumno/a solicitante.
    1. Fotocopia do DNI (carné de identidade, pasaporte...) do solicitante e dos pais ou representantes legais.
    2. Resgardo da ficha de solicitude que se cubriu en liña. Debe de estar asinado polo/a participante e a persoa ou persoas que teñan a patria potestade ou tutela sobre o/a participante.
    3. Certificado das cualificacións correspondentes a 3º da ESO do curso académico 2015-16.
    4. Anexo I cuberto polo centro educativo segundo as indicacións e coas sinaturas e selo correspondentes.
    5. Se for o caso, certificado expedido pola Xunta de Galicia ou organismo oficial competente na materia, acreditativo do grao de discapacidade do alumno/a e/ou doutro integrante da unidade familiar.
    6. No caso de non se autorizar na solicitude a consulta de datos tributarios, certificacións expedidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria das declaracións de IRPF individuais de ambos proxenitores ou conxunta, correspondentes ao exercicio 2015, emitidas e datadas no mes de outubro, ou posterior, de 2016.
Custo

Existen dous tipos de bolsas

Bolsa total. Serán beneficiarias/os de bolsa total os/as participantes seleccionados/as que non superen os 9 000,00 € anuais de renda per cápita. O cálculo da renda efectuarase consonte se estabelece nas bases.

Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que supere os 9 000,00 € anuais per cápita.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro

Inscrición alumnos

A documentación presentarse nos rexistros municipais do 28 de novembro ao 9 de decembro. .

• O prazo de presentación da documentación é do 28 de novembro de 2016 ao 9 de decembro de 2016.

• O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Ficha de solicitude específica “CORUÑA NO MUNDO: BECAS DE ESTUDO JUNIOR YEAR. 17-18”

- Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre o/a participante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

  • Rexistro xeral do pazo de María Pita. Rúa Praza de María Pita, 1
  • Rexistro xeral municipal do Fórum Metropolitano. Rúa Rio Monelos, 1
  • Rexistro centro sociocultural Ágora. Rúa Ágoras, s/n.
  • Rexistro do Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa os Ancares, 5.
Máis información

Reunión informativa o venres 25 de novembro ás 19.00 no CCM Os Mallos

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro

Inscrición alumnos

A documentación presentarse nos rexistros municipais do 28 de novembro ao 9 de decembro. .

• O prazo de presentación da documentación é do 28 de novembro de 2016 ao 9 de decembro de 2016.

• O alumnado que queira participar no programa deberá inscribirse en liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Ficha de solicitude específica “CORUÑA NO MUNDO: BECAS DE ESTUDO JUNIOR YEAR. 17-18”

- Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. Este xustificante ten un número de asignación que será o de referencia de cada expediente no proceso.

A documentación do expediente e a ficha de solicitude, asinada polo/a participante e a persoa ou persoas que teñen a patria potestade ou tutela sobre o/a participante, deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

  • Rexistro xeral do pazo de María Pita. Rúa Praza de María Pita, 1
  • Rexistro xeral municipal do Fórum Metropolitano. Rúa Rio Monelos, 1
  • Rexistro centro sociocultural Ágora. Rúa Ágoras, s/n.
  • Rexistro do Centro Cívico Municipal de Mesoiro. Rúa os Ancares, 5.
Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao

Tel. 981 184 200 ext. 12047

s.vara@coruna.es

Novas
Novas relacionadas
O Concello pon en marcha, baixo criterios sociais, as bolsas de estudos no estranxeiro Junior Year Xustiza Social destina 650.000 euros a este programa, que posibilitará que 60 rapaces e rapazas do municipio realicen os seus estudos de 1º de Bacharelato en EEUU