Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional

Información xeral
Descrición

As xornadas de orientación universitaria (XOUP 2016-17) ofrecen a oportunidade de coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

As Xornadas divídense nas seguintes actividades:

  • Unha semana de presentación dos estudos universitarios que se imparten nas universidades públicas galegas mediante a organización de diversas mesas informativas. Nesta semana tamén se presentan outros estudos profesionais como son os de policía e forzas armadas.
  • Unha semana de visitas aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos de FP, para coñecer máis de cerca estes estudos.
  • A presentación dos Estudos Superiores de Deseño e Arte Dramático.

Para acceder ás actividades das XOUP é preciso inscribirse en liña, obter as credenciais e presentalas ao acceder as mesas universitarios ou ás visitas aos centros de FP.

Persoas destinatarias

Alumnado de 4º de ESO, FP e Bacharelato. Poderán acudir outras persoas interesadas se hai prazas dispoñibles.

As persoas que non estean inscritas nun centro educativo poden facer a solicitude no CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil. Forum Metropolitano. r/ Río Monelos, 1. T.: 981 18 42 94)

Período de realización

- ESTUDOS UNIVERSITARIOS:

  • Mesas Universitarias do 3 ao 7 de abril no CUR - Centro Universitario de Riazor

- ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL E SUPERIORES DE DESEÑO:

  • Visitas aos centros de FP do 18 ao 24 de abril
  • Mesa de Estudos Superiores de Deseño e de Arte dramático, 18 de abril (EASD Pablo Picasso)
Condicións do programa

Para asistir ás mesas informativas e ás visitas aos centros de FP: aínda que o acceso é gratuíto, é imprescindible a presentación da credencial correspondente.

  • Para as visitas aos centros de FP e aos Estudos Superiores de Deseño as credenciais obteranse ao facer a inscrición en liña
  • Para as mesas universitarias os centros fan a petición na web e o concello remitirá as credenciais a posteriori aos colexios e institutos
Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro

Ficha de solicitude específica “CORUÑA ORIENTA: XOUP 2016-17”

Do 3 ao 16 de marzo.

Para acceder a ela poderán empregar a clave que se lles adxudicou o ano pasado ou solicitala de novo no servidor central (981 902 327).

Entidades colaboradoras

A Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVIGO).

O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e o SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do estudante da UDC).

Os centros educativos da cidade que imparten ciclos de FP

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 12 ao 30 de setembro

Ficha de solicitude específica “CORUÑA ORIENTA: XOUP 2016-17”

Do 3 ao 16 de marzo.

Para acceder a ela poderán empregar a clave que se lles adxudicou o ano pasado ou solicitala de novo no servidor central (981 902 327).

Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047

Fax: 981 18 43 70