Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Pleno infantil

Información xeral
Descrición

A Convención dos Dereitos do Neno (CDN), é un tratado internacional das Nacións Unidas ratificado o 20 de novembro de 1989, no que por primeira vez se recoñece que os nenos e nenas son persoas con dereito de pleno desenvolvemento físico, mental e social e con dereito a expresar libremente as súas opinións.

O artigo 12 da CDN fai referencia á necesidade de ofrecer aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao dereito á liberdade de expresión de nenos e nenas.

No marco dos dous artigos mencionados anteriormente, o Concello da Coruña ofrece aos centros escolares da cidade a oportunidade de participar na celebración dun pleno infantil presidido polo Alcalde da cidade.

Esta actividade realízase en colaboración con UNICEF e ten lugar no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación de alumnos/ás do curso participante, expón as conclusións do material traballado previamente na aula.

Cada centro participante, traballa en torno a un dereito dos recollidos na CDN co material didáctico achegado por UNICEF.

É por isto que esta actividade require que o profesorado realice no centro educativo unha sesión preparatoria da actividade dunha hora e media aproximadamente.

Persoas destinatarias

Alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria.

Período de realización

En torno á semana do 20 de novembro de 2016, coincidindo coa conmemoración do Día dos Dereitos da Infancia.

Inscrición centros

O prazo de inscrición será do 12 ao 30 de setembro de 2016.
Para inscribirse nesta actividade é necesario enviar un correo electrónico a.botana@coruna.es, indicando: Nome do centro educativo, curso, número de alumnos da aula e profesor/a de contacto.

Máis información

Relación de centros que participarán no pleno infantil e tema do que van falar (que previamente traballaron na aula, e correspóndese cos dereitos da infancia):

  1. CPR Santo Domingo: Igualdade
  2. CEIP San Francisco Javier: Identidade
  3. CEIP Juan Fernández La Torre: Familia
  4. CPR Karbo: Saúde
  5. CPR San Juan Bosco (Salesianos): Educación
  6. CPR Calasanz PP Escolapios: Xogo
Inscrición
Inscrición centros

O prazo de inscrición será do 12 ao 30 de setembro de 2016.
Para inscribirse nesta actividade é necesario enviar un correo electrónico a.botana@coruna.es, indicando: Nome do centro educativo, curso, número de alumnos da aula e profesor/a de contacto.

Contacto
Información de contacto

Ana Botana

Teléfono: 981 18 42 00 extensión 12041

a.botana@coruna.es

Novas
Novas relacionadas
Pleno Infantil 2015-16 O 19 de novembro de 2015 tivo lugar o Pleno infantil no salón de plenos do Concello coa presenza do Alcalde e da Concelleira de Xustiza social e coidados.