Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo
Object(eZContentObjectAttribute)

CMIX. Centro Municipal de Información Xuvenil

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX) establece como obxetivos principais:

  1. Proporcionar ás mozas e mozos da cidade, fundamentalmente de entre 14 e 30 anos, a información necesaria para lograr a súa participación activa e responsable na sociedade.
  2. Fomentar a participación xuvenil das asociaciós e colectivos non formais da nosa cidade
  3. Ser un catalizador de intereses e demandas da xuventude coruñesa.
  4. Posibilitar a igualdade de oportunidades e facilitar a transición á vida adulta.
  5. Desenvolver acciósn concretas que respondan ás necesidades en calquer ámbito relacionado coas políticas de xuventude.
  6. Convertirse en observatorio permanente dos intereses, necesidades e iniciativas dos mozos, podendo extraer conclusións de interese para a planificación de accións das diversas entidades municipais.

O equipo do CMIX está composto por : un coordinador, 4 informadoras xuvenís, e unha operaria informática. Este equipo é permanente ao longo de todo o ano.

O CMIX creouse no ano 1.990, e pertence á Rede Galega de Documentación e Información Xuvenil. .Esta rede está regulada en virtude da lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia. (DOG nº 139 do 20 de xullo).

CANLES

1. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO: en persoa, por teléfono, por correo electrónico (cmix@coruna.es) , boletíns electrónicos, a través do sitio web www.coruna.es/cmix, e nas suas redes sociais Facebook http://www.facebook.com/cmix.coruna , e o Twitter @CMIXcoruna

2. AUTOINFORMACIÓN: a través de paneis, dossieres, da web www.coruna.es/cmix, e de redes sociais

3. DOCUMENTACIÓN: préstamo domicilio de guías de viaxes, préstamo e consulta en sala, e máis a través do dossier on-line de “Educación” e o “Buscador de Estudos”, actualizado e dispoñible en www.coruna.es/cmix

Os fondos da Área de Documentación están referenciados e poden ser consultados a través do catálogo en liña do sistema de Bibliotecas Municipais (www.coruna.es/bibliotecas)

  • Biblioteca: Composta por monografías, dossieres de autoinformación, folletos, directorios de recursos e numeroso material documental en diversos formatos (dípticos, cartaces, material autoeditado…).
  • Hemeroteca: revistas, boletíns informativos.
  • Viaxeteca: Servizo de préstamo a domicilio de guías turísticas para socios das Bibliotecas Municipais da Coruña titulares dos carnés para a mocidade, mapas de situación e de estradas, planos das cidades máis importantes, aloxamentos, rutas, deportes alternativos…

4. PÁXINA WEB (www.coruna.es/cmix)

Páxina web do Centro Municipal de información Xuvenil que permite, a través dun sinxelo menú, acceder a amplos e diversos contidos de interese para a mocidade : Convocatorias de bolsas, concursos, actividades, exames…Buscador de estudos, información sobre recursos e servizos vinculados á cultura, o deporte, a solidariedade, educación, emprego, vivenda, sexualidade, asociacionismo, tempo libre…

5. REDES SOCIAIS E BOLETÍNS ELECTRÓNICOS DE INFORMACIÓN

6. SERVIZO GRATUÍTO DE SUSCRICIÓNS A TRAVÉS DE SMS E RSS

O CMIX pon a disposición da cidadanía, un servizo de suscrición á información de máis actualidade a través de SMS ou RSS. Cursos, bolsas, oposicións, concursos…

7. EXPEDICIÓN DOS SEGUINTES CARNÉS

  • Carné Xove Euro < 30
  • Carnés de Alberguista
  • Carne Internacional de Estudante
  • Carné Teacher
  • Carné Xove Internacional (FYTO)

Sede: FÓRUM METROPOLITANO

R/ Río Monelos, 1 (15006)

Teléfono: 981 184 294

Fax: 981 184 295

Correo electrónico:cmix@coruna.es

Páxina web:www.coruna.es/cmix

Horario de atención ao público: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h; sábados, de 11 a 14 h

No Verán: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. E en agosto: de luns a venres, de 09:30 a 14:30 h

Coordinación: Óscar Castro Vázquez

Concelleira Delegada de Mocidade: Claudia Delso Carreira

ÍNDICE