Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 12 ao 30 de setembro de 2016.

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa Semente

Información xeral
Descrición

Programa educativo que pretende fomentar o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.

Este programa reproduce situacións reais no proceso de constitución dunha empresa e as súas actividades posteriores: fabrícanse produtos para realizar unha venda "real" ao final do curso. Parte dos beneficios obtidos no proceso da venda destínanse a doazóns a entidades benéficas, o cal tamén redunda en espertar un sentido solidario.

O proxecto favorece o desenvolvemento de competencias emprendedoras entre os nenos e nenas (capacidade creativa, asunción de riscos, liderado, motivación, comunicación, negociación, toma de decisións, planificación, ...).

O OBXECTIVO XERAL do programa SEMENTE é difundir a cultura e actitude emprendedora entre o alumnado de Primaria.

Os obxectivos específicos son os seguintes:

  • Desenvolvemento de capacidades emprendedoras.
  • Conexión entre a escola e a empresa.
  • Realizar unha aprendizaxe transversal nun contexto creativo e lúdico.
  • Adquirir hábitos de comportamento autónomo en relación co traballo e orientados a relacións interpersoais.
  • Coñecer as normas de funcionamento grupais.
  • Impulsar o coñecemento do comercio xusto e da economía social

Persoas destinatarias

Alumnado de 2º e 3º ciclos E. Primaria e alumnado de E. Especial de centros educativos do Concello.

Período de realización
  • Outubro - Novembro: Período de información ao profesorado dos centros seleccionados e coordinación, organización e seguimento do programa.
  • Novembro 2016 - Maio 2017: Desenvolvemento da formación (cooperativismo e elaboración de produtos).
  • Abril: entrega de Licenzas de venda
  • Finais de maio: Mercado Semente

Condicións do programa

Contidos:

Fase I.- Formación do alumnado: sesións de formación sobre cooperativismo e sesións prácticas para a elaboración dos produtos.

Fase II.- Celebración do Mercado.

Metodoloxía:

O proxecto consiste na impartición de talleres, por parte de docentes expertos en cooperativismo, sobre o que é unha cooperativa, a súa constitución e o desenvolvemento da súa actividade. Para a elaboración dos produtos o alumnado recibe formación de apoio.

As cooperativas participantes solicitan e obteñen a Licenza de venda nun acto protocolario e, posteriormente, venden os produtos elaborados nun Mercado que se celebra no Obelisco.

Horario

Adáptase o horario escolar ás necesidades de cada centro

Custo

Gratuíto

Inscrición centros
Novidades para este curso

Centros onde se oferta

Todos os centros educativos que teñan alumnado de 2º e 3º ciclos E. Primaria e alumnado de E. Especial de centros educativos do Concello

INFORMACIÓN RELACIONADA Bases programa Semente (2,03 MB)
Inscrición
Inscrición centros
Contacto