Índice
AVISOS
  • O prazo de solicitude para as principais actividades estará aberto do 11 ao 30 de setembro de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Programas educativos doutros servizos municipais
Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa de dinamización lingüística "Falamos" (Educación Primaria)

Información xeral
Descrición

"As parábolas de Pakolas" é un espectáculo musical onde Paco Cerdeira interpreta unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con cancións que xiran arredor do rock e outros estilos e con letras atractivas para as e os máis pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que se recollen nelas, cunha mensaxe final e que forman no conxunto unha fermosa parábola musical da cal aprender e na que pensar.

Paco Cerdeira, músico, compositor e produtor, actualmente é un dos compoñentes do grupo A Gramola Gominola. Leva máis de 12 anos dedicándose ao público infantil (comezou como membro de Mamá Cabra). A escolla dos temas que Paco vai levar a cabo nas Parábolas incluirá, entre outros, o seu “Campión internacional”, onde se fala da importancia dos xogos entre as/os amigas/os e sobre todo do xogo tradicional de Galicia; a canción dun personaxe como o “Monstro Antón”, que compón cancións de rock pola noite e non para de cantar as súas rimas.

Traballarase na posta en escena desta actividade con cancións que teñan repetición da mensaxe do retrouso, reiteración de palabras e apoios visuais mediante coreografías, onde, por medio de xestos, se represente de xeito divertido parte do texto da canción.

OBXECTIVOS

Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación primaria da Coruña.

Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.

Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.

Persoas destinatarias

Esta actividade está dirixida ao alumnado dos CEIP do concello da Coruña. Cada grupo participante deberá estar acompañado por unha persoa responsable do centro.

Período de realización

Este espectáculo desenvolverase o martes 21 de novembro, no auditorio do Fórum Metropolitano. Haberá dous pases, un ás 10.00 h e outro ás 12.00 h. O espectáculo durará 50-60 min.

Custo

Gratuíto.

Inscrición alumnado

Para participar nesta actividade, cada centro deberá remitir, desde o luns 30 de outubro, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono da/s persoa/s que van vir á actividade acompañando o alumnado.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso ao que corresponden.

Inscrición
Inscrición alumnado

Para participar nesta actividade, cada centro deberá remitir, desde o luns 30 de outubro, un correo a lingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Nome e teléfono da/s persoa/s que van vir á actividade acompañando o alumnado.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso ao que corresponden.