Actualidade

  • Imagen como Icono Exposición de Francisco Santos
    Algunhas das obras expostas naceron para traspasar as críticas e homenaxear ás persoas perseguidas por defender a liberdade de expresión. Dende o 28/06/2018 ata o 18/07/2018, na Casa Museo Casares Quiroga.
  • Imagen como Icono Mostra: Tenda Picasso
    Exposición dos traballos seleccionados na cuarta edición do Concurso de debuxo Picasso coruñés. A mostra pode visitarse dende o 22/06/2018 ata o 08/07/2018, na Casa Museo Picasso. Entrada gratuíta.
  • Imagen como Icono I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades
    O evento constará de diversas conferencias ofrecidas por profesionais de recoñecido prestixio do panorama nacional e internacional. Organiza ASAC, do 14 ao 16 de setembro, en Santiago.
  • Imagen como Icono Cinenterraza: Cult-movies ano 6
    Esta aposta polo "vello" en pleno 2018 busca transmitir que hai obras que son atemporais e o que se renova é a visión que se pode exercer sobre elas. Dende o 4 ao 26 de xullo. Mércores e xoves ás 22:30 horas no Fórum Metropolitano.
  • Imagen como Icono Muncyt: actividades de verán

    Programa composto por obradoiros deseñados para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e visitas de carácter lúdico para grupos, tanto á súa colección como ás exposicións temporais. Durante xullo e agosto.

  • Imagen como Icono Os Bolechas e o amigo Monte
    Unha vez máis Os Bolechas botan man dunha proposta divertida que ten, á súa vez, un compoñente didáctico: o medioambiente. O 30 de xuño, ás 18:30 horas, levarán este espectáculo ao centro cívico Os Mallos.
  • Imagen como Icono Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018/2019
    O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo.
  • Imagen como Icono Presentación do libro "Vida e obra dun curandeiro"
    Antonio J. Balboa Toba presenta a súa nova novela "Vida e obra dun curandeiro" na Biblioteca municipal Fórum Metropolitano, o martes 26, ás 19.00 horas. Entrada libre ata completar aforo.
  • Imagen como Icono Obradoiro: Maxia #Lab
    Espectáculo interactivo de divulgación científica e de maxia, dirixido a menores de entre 8 e 16 anos. Biblioteca municipal Fórum Metropolitano, o xoves 28 de 18.30 a 19.30 horas. Require inscrición previa.
  • Imagen como Icono Contos para bebés, de Pavís Pavós
    Últimos días para participar neste obradoiro dirixido a menores de 3 anos. Remata o xoves 21. A sesión desenvólvese no Centro Ágora, ás 18:00, horas e dura 30 minutos. Require inscrición para o/a cativo/a, que debe ir acompañado/a por un adulto.