Curso de Origami e Mandalas

Curso de mandalas, deseño orixinario da India , e de origamis, procedente do Xapón. Ás mandalas, que teñen o círculo como forma básica, supónselles un poder extraordinario e aportan beneficios a nivel físico, psicolóxico e creativo. Os origamis son unha arte de dobrar papel para formar figuras xeométricas, animais, vexetais e outras sen tesoiras nin pegamento. Axuda a desenvolver a destreza a exactitude e a precisión manual.

  • Destinatarios: de 10 a 12 anos.
  • Datas: 2, 7, 9, 14, 16 e 21 de marzo (martes e xoves)
  • Horario: de 16 a 17 horas
  • Prazas limitadas. Inscrición por orde de petición, cumprimentando este formulario