Día dos museos no MAC

Image

Con motivo do Día Internacional dos Museos e a súa proposta temática deste ano -Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos– desde o MAC propoñen unha mesa redonda e un debate aberto aos diferentes axentes da arte e a cultura en referencia ao papel dos museos como instrumentos para a reconciliación social. A mesa, moderada por Olga Osorio, será protagonizada por María Peña Lombao, Jacobo Bugarín e Ania González.

Olga Osorio. Profesora na Faculdade de Comunicación Audiovisual (UDC) e da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Directora, guionista e produtora audiovisual, fotógrafa e xornalista. A súa última curtametraxe “Eistein-Rosten” recibiu múltiples premios nos máis prestixiosos festivais de curtametraxes.

María Peña Lombao. Doutora en Belas Artes, investigadora das artes do movemento, ensaísta, crítica de arte en ABC Cultural e colaboradora habitual en suplementos culturais de arte contemporánea.

Jacobo Bugarín. Artista multidisciplinar. Expuxo no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, o CGAC, o MARCO de Vigo, Cidade da Cultura de Galicia ou Es Baluard, entre oturos. Recibiu diversos premios e bolsas polo seu traballo artístico como a bolsa de produción INJUVE e máis recentemente a LABjoven, entre outros.

Ania González. Crítica cultural. Especialista en Teoría Crítica do Discurso, Feminismos e Imaxinación política polo Programa de Estudos Independentes do MACBA. Colabora como crítica de arte con Babelia – El País e como crítica cultural con Praza Pública.

Data. Xoves 18 de maio de 2017.

Horario. De 20 a 21.30 horas.

Acceso. Libre ata completar aforo.

Fonte: Museo de Arte Contemporánea