Premios Exército 2017

Image

O Exército de Terra ven de convocar os “Premios Exército 2017” que este ano alcanzan a súa 55 edición, convertíndose así nos premios máis antigos de España de ámbito cultural.

Convócanse nas seguintes modalidades:

  • Pintura Xeral, cuxa temática estea relacionada con calquera das múltiples actividades do ET español, en calquera época, de técnica e estilo libre, dotada de primeiro premio.
  • Pintura Histórica, cuxa temática estea relacionada coas actividades do ET na Misión Internacional desenvolvida en Bosnia e Herzegovina, de técnica e estilo libre, dotada de primeiro premio.
  • Pintura Rápida, con catro premios, un deles xuvenil e outro infantil.
  • Fotografía, dúas categorías, “Serie”, dotada de primeiro premio; e “Mellor fotografía publicada nun medio de comunicación”, dotada de primeiro premio.
  • Miniaturas Militares, coas modalidades “Máster” e “Estándar”, ambas en categorías de dioramas ou viñetas, figuras, materiais e, ademais, a de miscelánea na modalidade “Estándar”.
  • Ensinanza Escolar, nas categorías de Primaria, Secundaria e Bacharelato ou Formación Profesional de Grado Medio. Fállanse, primeiro en Categoría Rexional para, os gañadores, pasar á fase nacional.
  • Investigación en Humanidades e Ciencias Sociales.

Dentro da modalidade de ensinanza escolar, os centros de ensinanza de Galicia, que opten aos premios, nas súas diferentes modalidades, (nivel A para alumnado de educación primaria, nivel B para o de educación secundaria, e nivel C para alumnado de bacharelato e formación profesional de grado medio) deberán entregar ou remitir os seus traballos antes do 17 de marzo de 2017 na Oficina de Comunicación Pública da Forza Loxística Operativa, situada no Palacio de Capitanía Xeneral na praza da Constitución nº 5 da Coruña, código postal 15001. Email: ofcomcgflo@et.mde.es

A convocatoria completa dos “Premios Exército 2017” pódese consultar na páxina web: http://www.ejercito.mde.es/premios-ejercito/index.html, ou enviar calquera consulta á dirección de correo electrónico: premiosejercito@et.mde.es

Para ampliar información:

Oficina de Comunicación do Cuartel Xeneral da Forza Loxística Operativa

Teléfono: 981 215 638, 981 215 681 ou 679 167 584

Páxina web: http://www.ejercito.mde.es/unidades/Coruna/flo/