Programa Bolsas Comedor 2017-2018

Extracto de acordo da Xunta de Goberno Local de 21 de abril de 2017 pola que se convocan as bolsas comedor para o curso escolar 2017-2018 no Concello da Coruña.

Persoas beneficiarias:

As persoas físicas pertencentes a unidades familiares de convivencia con menores de idade a cargo, escolarizados en centros de ensinanza no termo municipal da Coruña sostidos con fondos públicos que conten co servizo de comedor e que, ademais, reúnan os seguintes requisitos:

  • Estar empadroados/as , residir de forma efectiva no Concello da Coruña e convivir cos menores de idade para os que se solicita a bolsa. Dado o carácter municipal destas axudas, este requisito deberá manterse durante todo o curso escolar, salvo as excepcións que serán valoradas polo persoal técnico dos servizos sociais municipais.
  • Ser o/a proxenitor/a ou ostentar a tutela legal do/a menor ou menores para os/as que se solicita, ou ter concedido o acollemento familiar destes.
  • Estar os/as menores matriculados/as (ou ter solicitada a praza) en centros escolares públicos ou concertados do termo municipal da Coruña que conten con servizo de comedor en 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e ciclos formativos de grado medio de formación profesional e formación profesional básica.
  • Non ter cumpridos os 18 anos de idade con anterioridade ao inicio do curso escolar.
  • Asistir ao comedor do centro durante todo o curso escolar, fóra dos mese de setembro e xuño que poden ter carácter voluntario ou non ofrecer o centro ese servizo. Non se admitirán solicitudes na modalidade de fixos discontinuos nin esporádicos. Excepcionalmente, admitirase a modalidade de fixos discontinuos para o alumnado con educación combinada.
  • Non superar a renda per cápita máxima de 6.000,00€ anuais, de conformidade co baremo establecido na Base 9.
  • Presentar no prazo establecido a solicitude e toda a documentación preceptiva.
  • Alcanzar un mínimo de 10 puntos para acceder ao servizo en aplicación do baremo.

O prazo para solicitalas será do 9 ao 30 de maio, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Acceso ao BOP