Proxecto #CooperaciónExpandida

Image

• QUE É?

Baseada na educación para a cidadanía global e crítica cos modelos tradicionais de cooperación a #CooperaciónExpandida é unha experiencia colectiva arredor da cooperación internacional no marco da nova axenda internacional das Nacións Unidas; os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2015-2030 e a crise de persoas migrantes e refuxiadas. O obxectivo é rachar as barreiras do público tradicional na defensa das políticas de cooperación, implicando á sociedade civil do Concello da Coruña e xerando mudanzas colectivas cun relato propio centrado nas posibilidades de cooperar dende o local.

• CON QUEN?

A #CooperaciónExpandida contando coa complicidade do tecido solidario do Concello da Coruña achegarase a públicos tradicionalmente non participativos no eido da cooperación: desde as asociacións veciñais, deportivas, culturais aos centros educativos, medios de comunicación, empresas… ofrecéndolles a posibilidade de coñecer, participar e formarse nesta área.

Propón, por en valor o capital social/relacional xa presente no municipio e vinculalo coa cooperación internacional de código aberto, banda ancha. Queremos aproximarnos e involucrar a todo o tecido social coruñés

● COMO E CANDO PARTICIPAR?

As actividades públicas da #CooperaciónExpandida desenvolveranse entre o 1 de agosto e o 25 de decembro de 2017 en distintas localizacións do Concello da Coruña, nas redes sociais do proxecto e no espazo dixital www.cooperacionexpandida.org. .

- Asinando e difundindo o Manifesto da Cooperación Expandida, xa ben coma persoa individual ou coma entidade…

- Participando nos Encontros expandidos de presentación do proxecto, entre o 29 de agosto e o 7 de setembro que terán lugar en distintos lugares da cidade.

- Participando na Aula Local de Cooperación, unha oferta formativa de calidade, particularmente práctica e núcleo central do proxecto e da expansión na cidade... Primarase a participación en nome dalgunha entidade ou asociación na idea multiplicadora do proxecto.. O curso é gratuito e as prazas limitadas…

Organizada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (www.igadi.org) en colaboración coa Universidade da Coruña desenvolverase entre o 21 de setembro e o 21 de decembro. #AprenderFacendo. Tes até o 15 de setembro para inscribirte!

- Acudindo e difundindo as Xornadas das Interdependencias; entre outubro e novembro! Un ciclo de conferencias aberto ó redor das interferencias mundiais dende sete grandes temáticas: sistema mundo e cooperación internacional, migrantes e refuxiadas no s.xxi, gobernanza, conflitos e seguridade, feminismo, patriarcado e minorías, ambiente, enerxía e crise ecolóxica, información, desinformación, participación e soc. civil, outros modelos cooperación internacional

- Acudindo e apoiando os Eventos informativos sectoriais de cooperación internacional e a presentación dos microproxectos coma traballos finais prácticos dos grupos participantes da Aula Local de Cooperación, e que se desenvolverán entre o 1 e o 21 de decembro.

• PARA QUE?

A #CooperaciónExpandida é unha aposta intencionada por enrolar á cidadanía nas problemáticas globais e os Dereitos Humanos. Quere preparar ó tecido social da Coruña para a comprensión dos procesos globais que dan conta das interconexións e causas primeiras da pobreza, da ausencia de dereitos humanos, dos conflitos, etc, evidenciando as interdependencias no planeta no S.XXI desde un posicionamento glocal: economía, enerxía e medio ambiente, seguridade, mudanza climática, desigualdade…

A COOPERACIÓN EXPANDIDA COMEZA NO VERÁN E ACABA NO NADAL, PARTICIPA DA EXPANSIÓN, CAMBIA A CORUÑA E CAMBIA O MUNDO ;)