Talleres infantís de primavera no MAC

Eureka! Taller de azar e creatividade

Image

Neste taller desenvólvese a capacidade creativa dos máis pequenos partindo da casualidade e as asociacións imprevistas. Deixarémonos levar pola imaxinación, partindo do xogo e utilizando algunhas das técnicas favoritas dos artistas. Co obxectivo de romper os esquemas de creación habituais, búscase construír desde a liberdade e entender a necesidad de mirar o mundo de outra maneira. Farase do erro o noso principal aliado, buscando debuxar a través da mancha, analizando o aspecto máis emocional dos obxectos e experimentando con técnicas de creación colectivas.

Programa.
1. Introdución sobre arte e azar. Creación dunha obra de arte efímera que irá evolucionando ao largo das sesións.
2. Sobre sorpresa. Creación artística a partir de materiais ao azar fomentando a imaxinación e a capacidade resolutiva.
3. A caixa máxica. Fomento do pensamento “fóra da caixa” dando nova vida e diferentes perspectivas a obxectos cotidiáns.
4. Expresión corporal e su influencia na creación artística.

+info

Ecodestrezas

Image

Preparados, listos... xa! comeza un gran espectáculo eco-artístico onde a enerxía creativa e as túas ganas serán as principais ferramentas de traballo. Neste taller gozaremos dos recursos naturais involucrando aos máis pequenos da casa en desafíos que estimularán a súa creatividade e os seus sentidos. Nenos e nenas crearán as súas propias representacións artísticas empregando materiais da natureza e partindo da intuición e do inesperado á vez que se divirten e dan os seus primeiros pasos cara a unha educación ambiental.

Programa.

1. Land-Art: Elaboración de mandalas a partir de elementos naturais.

2. Crea o teu deseño: Estampación con tecidos e elementos orgánicos empregando tinguiduras e pinturas vexetais.

3. O meu herbario: Encadernación e prensado de follas e flores e estudo das distintas especies.

4. Minimundos: Creación de mundos en miniatura a partir de elementos naturais como arxila, follas, cortizas, flores, pedras... á vez que entendemos e interpretamos o patrimonio natural e a súa utilidade como recurso expresivo.

+info