VI Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas 2017

Image

O próximo 4 de maio, ás 19:00 h, no Teatro Colón da Coruña celebrarase o VI Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas 2017. Nenos e nenas do CEE María Mariño e do CEIP Eusebio da Guarda representarán a obra Un polbo xigante baseada no coñecido relato de Casares. O alumnado do CMUS Profesional interpretará, entre outras, pezas do folclore tradicional galego.

Este ano celébrase a sexta edición do Festival Arte pola Igualdade nas Letras Galegas. A razón de ser desta celebración é contribuír á preparación de bos e boas cidadáns/ás, que os/as nenos/as, mozos/as coñezan e comprendan a cultura da sociedade na que viven e que asuman o papel de conservala e enriquecela, todo iso fomentando o desenvolvemento das competencias necesarias para poder participar do que o contorno ofrece e vivir, así, unha vida plena e digna.

Grazas á participación do alumnado do Conservatorio Profesional de Música, do CEIP Eusebio da Garda e CEE María Mariño, este festival constitúe un lugar de encontro no que a música, o teatro e a danza contribúen plenamente á consecución destas finalidades.

Programa do concerto da orquestra sinfónica:

•O lago dos cisnes– P. I. Tchaikovsky -Scene -Valse

•O amor bruxo (ballet) – Manuel de Falla -Introdución e escena -O aparecido e a danza do terror -Danza ritual do lume

•O señor dos aneis (suite sinfónica) – Howard Shore •Gladiator – Hans Zimmer

•Pezas do folclore tradicional galego

+info