A Coruña Linguas. Concurso VIII Festival CinEOI Coruña 2018: amplíase o prazo de inscrición ata o 13 de abril

A data límite de recepción de curtas será o 13 de abril de 2018; de temática libre, cunha duración non superior aos 10 minutos e creadas e producidas en lingua galega (tamén poden incluír subtítulos nalgunha das linguas estudadas nas EOI).

Ademais, atrásase a Gala de entrega de premios CinEOI2017 ao xoves 3 de maio de 2018 na EOI da Coruña.

O concurso está organizado polo equipo de dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o Concello da Coruña, co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego entre os estudantes das EOI da provincia da Coruña (a da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Ferrol) e as súas seccións, o CIFP Escola de Imaxe e Son e a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso na categoría absoluta; e estudantes de 3º ciclo de E. primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do concello da Coruña nas categorías infantil e xuvenil.

O Concello da Coruña colabora en dúas fases do concurso:

  • Financia o “Obradoiro de achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe” impartido por Omar Rabuñal Varela, realizador, guionista e actor con máis de 10 anos de experiencia no medio audiovisual; no que están a participar 12 persoas.
  • E outorga o premio á "Mellor curta" na categoría absoluta, cofinanciado por Voz Audiovisual (por Voz Difusión Noticias), e os premios “Ben falado” das categorías xuvenil e infantil.

MÁIS INFORMACIÓN
VIII Festival CinEOI Coruña Curtas no Libro dixital 2017-2018

CONTACTOS
Concello da Coruña. Servizo Municipal de Educación
Ana Judel Prieto. Técnica de Educación. Ext 12038.
Correo-e: a.judel@coruna.es

Equipo de Dinamización Lingüística da EOI da Coruña
Anabel Fernández, Coordinadora do Festival.T: 981 279 100
Correo-e: endl.corunha@gmail.com
Facebook: ENDL da EOI da Coruña
Canle Youtube: ENDL EOI Coruña