A Coruña Linguas: Convocado o concurso VIII Festival CinEOI Coruña 2018

A data límite de recepción de curtas será o 6 de abril de 2018; de temática libre, cunha duración non superor os 10 minutos e creadas e producidas en lingua galega (tamén poden incluír subtítulos nalgunha das linguas estudadas nas EOI).

Organizado polo Equipo dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o Concello da Coruña co obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego, entre os estudantes das EOI da provincia da Coruña (da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Ferrol) e as súas seccións, o CIFP Escola de Imaxe e Son e a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso na categoría absoluta; e estudantes de 3º ciclo de E. primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do concello da Coruña nas categorías infantil e xuvenil.

A Gala de entrega de premios CinEOI2017 celebraráse os 27 de abril 2018 na EOI da Coruña.

Co obxectivo de animar á participación e promocionar o concurso estase a realizar, na EOI da Coruña e no aula de informática do Ágora, o “OBRADOIRO ACHEGAMENTO PRÁCTICO AO PROCESO DE REALIZACIÓN DUNHA CURTAMETRAXE”, de 30 horas de duración, impartido por Omar Rabuñal Varela, realizador, guionista e actor con máis de 10 anos de experiencia no medio audiovisual, no que están a participar 15 persoas.

O Concello da Coruña colabora en dúas fases do concurso:

- Finanzación do “Obradoiro achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe”

- E outorga o do premio á “Mellor curta” na categoría absoluta, cofinanciado por Voz Audiovisual (por Voz Difusión Noticias), e os premios “Ben falado” das categorías xuvenil e infantil.

MAIS INFORMACIÓN:

Libro Dixital

CONTACTOS:

Concello da Coruña. Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto. Técnica de Educación. Ext 12038. a.judel@coruna.es

Equipo de Dinamización Lingüística da EOI da Coruña

Anabel Fernández, Coordinadora do Festival.T: 981 279 100

Correo-e: endl.corunha@gmail.com

Facebook: ENDL A Coruña/ENDL da EOI da Coruña

Canle Youtube: https://www.youtube.com/channel/UC1bFWvhVW154ZfnzCm-lDDw