A Coruña Linguas: Obradoiro de achegamento práctico ao proceso de realización dunha curtametraxe 2018

Este obradoiro é unha acción formativa, impartida polo actor, guionista e produtor Omar Rabuñal, ca finalidade de realizar a gravación dunha curtametraxe duns 6 minutos de duración, coma actividade de promoción do “Concurso VIII Festival CinEOI Coruña 2018” organizado polo Equipo dinamización lingüística da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e o Concello da Coruña.

Desenvolverase de xaneiro a marzo de 2018 na EOI da Coruña e no aula de informática do Ágora, e terá 30 horas de duración:

  • 24 horas teórico-prácticas:
    • os martes e os xoves de 20:00 a 21:30 h, do 9 de xaneiro ao 8 de febreiro, na EOI.
    • e os sábados 10, 17 e 24 de febrero, de 11.00 a 14.00 h, no aula de informática do Ágora
  • 6 horas prácticas de rodaxe.

O obradoiro é voluntario e de balde, e poderá inscribirse o alumnado dos centros educativos que participen nas categorías absoluta e xuvenil, a través da ficha específica do 11ao 21 de decembro de 2017.

A adxudicación farase por orde de chegada das insciricións. E haberá unha listaxe de agarda no caso de que haxa mais solicitantes que prazas.

As listaxes de persoas admitidas e de agarda serán publicadas o 8 de xaneiro de 2018.

O “VIII Festival CinEOI Coruña 2018” ten coma obxectivo de promover a creatividade audiovisual en galego, entre os estudantes, na categoría absoluta, das EOI da provincia da Coruña (da Coruña, a de Santiago de Compostela e a de Ferrol) e as súas seccións, o CIFP Escola de Imaxe e Son; a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso; e , nas categorías infantil e xuvenil, entre os escolares de 5º e 6º cursos de educación primaria, ESO, bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do concello da Coruña.

MAIS INFORMACIÓN:

- Concello da Coruña. Servizo Municipal de Educación

- Equipo de Dinamización Lingüística da EOI da Coruña.

- Consulta aquí a información do programa no Libro dixital