A Coruña Tardes. Programa de conciliación Cóxegas

DESCRICIÓN

Programa de fomento da conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPAs non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer e Deporte que realizamos nos CEIPs da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixar aos seus fillos e fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.

Programa que ten como eixos principais, por unha banda, favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade de nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas a cada idade e, por outro, afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.

As actividades serán de xogo, lectura e deportes, así coma actividades de animación teatral, plástica... baixo un enfoque integrador, donde os nenos e as nenas serán protagonistas mediante l creación dunha aventura virtual.

PERSOAS DESTINATARIAS

Alumnado de E. Infantil e E. primaria de centros públicos (CEIP) da cidade

PERÍODO DE REALIZACIÓN

De 11 a 29 de setembro de 2017 e do 1 ao 22 de xuño de 2018.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Os centros asignarán os espazos necesarios para o desenvolvemento do programa.

HORARIO

De luns a venres, de 16:00h a 18:00h.

CUSTO

15 € por cada período, de setembro e de xuño.

INSCRICIÓN CENTROS

Ficha de inscrición xeral

INSCRICIÓN ALUMNOS

No local da ANPA de cada centro ou a través da ficha específica

PRAZO: do 4 ao 8 de setembro de 2017, para o período de setembro. E en maio de 2018 (datas por determinar), para o período de xuño.

CENTROS ONDE SE OFERTA

Nos centros públicos de infantil e primaria (CEIP) da cidade

ENTIDADES COLABORADORAS

Federación Provincial de ANPAs de centros públicos de A Coruña.

c/ Orzán, 21. 15003 A Coruña

Tel: 981 202 002 / 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org