A Couña no Mundo: Idiomas do Mundo 2017

Image

Publícanse as LISTAXES DEFINITIVAS en consoancia coa cláusula 45. das bases do programa: “A proposta de resolución definitiva recollerá, se procede, as alegacións presentadas. Non se realizarán comunicacións individuais fronte ás mesmas. A proposta emitirase pola Xefatura de Servizo de Educación e incluirá as seguintes relacións definitivas, unha para cada idioma.

  • Alumnado seleccionado (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando ás/aos que se lle concedese bolsa total e a contía do custe da praza que lles corresponda aboar ás/aos restantes seleccionadas/os.
  • Alumnado que, cumprindo os requisitos, non acade o número de orde que lle permita participar no programa por exceder do número de prazas correspondentes a cada idioma, que constituirán as listaxes de agarda. As/os solicitantes seleccionadas/os nalgunha das listas non figurarán, se é o caso, nas listaxes de agarda das outras. As/os non seleccionadas/os poderán figurar en máis dunha.
  • Alumnado que non cumpre os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión.”

CORRECCIÓN DE ERROS:
Na listaxe definitiva de inglés detectaronse os seguintes erros:

  • A solicitude con ID 66 NON participou no programa o curso pasado
  • E na listaxe de excluidos faltaba por incorporar aos excluidas la listaxe de agarda por estar seleccionados noutro idioma.

Na listaxe definitiva de francés: na listaxe de excluidos faltaba por incorporar aos excluidas la listaxe de agarda por estar seleccionados noutro idioma.

Asemade na cláusula 48. sinala que: “Unha vez publicada a resolución definitiva, as/os seleccionadas/os disporán dun prazo de 5 días naturais para a súa aceptación, que deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais . Transcorrido dito prazo sen que se produza tal comunicación entenderase que renuncia á súa participación no programa. De se presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal aconséllase que se remita copia escaneada da mesma (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.es).

O prazo remata o luns 3 de xullo.

E según a cláusula 50.: “As persoas participantes incluídas nas listaxes de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa. A comunicación da existencia de prazas realizarase por medio de correo electrónico remitido á conta de correo que figure na ficha de inscrición”

REUNIÓN INFORMATIVA PARA AS PERSOAS SELECCIONADAS E AS SUAS FAMILIAS

Cónvócase as persoas seleccionadas e as suas familias, asi coma as persoas en listaxes de agarda que aos que se lles vaian comunicando as prazas vacantes, a unha reunión informativa ca empresa adxudicataria (New Link SL) e o SME o mércores 5 de xullo as 19:00h no Centro cívico Municipal Los Mallos (Avda. Arteixo, 147)

MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación. educacion@coruna.es

T: 981 184 200 ext: 12038 e 12043

Acceso ao Libro Dixital