A inscrición para os “Campacole Verán 2018” abrirase do 4 ao 8 de xuño

Campamentos:

  • MULLERES.GAL, do 25 ao 29 de xuño
  • NON ME TIRES!, do 2 ao 6 de xullo
  • ASÍ XOGABA...ASÍ ASÍ, do 9 ao 13 de xullo
  • CONTANDO...CONTOS, do 16 ao 20 de xullo

Horario:

  • Campamento: de 10:00 a 14:00 h
  • Madrugadores: a partir das 8:30 h
  • Comedor. dende ás 14:00 ata ás 15:30 h

Sedes:

Nos seguintes CEIPs: Emilia Pardo Bazán, Curros Enriquez, Juan Fernández Latorre, Manuel Murguía, Sagrada Familia, San Pedro de Visma e Ramón de la Sagra.

Persoas destinatarias:

Alumnado de Educación Infantil e Primaria dos CEIPs públicos do concello da Coruña.

Cota:

  • Campamento: 15 €/quenda
  • Madrugadores: 5 €/quenda
  • Almorzo: 5€/quenda
  • Comedor: 20 €/quenda

Estarán exentos da cota de Campacole (15€) os nenos/as que xustifiquen ser beneficiarios da bolsa comedor para o curso 2017/18.

Inscrición:

  • O días: 4, 5 e 6 de xuño, só o alumnado matriculado no centro sede; ademais do alumnado dos CEIPs Anxo da Garda, Prácticas e Sanjurjo de Carricarte que, solicitando ser sede se decidiu fusionar co centro máis próximo para unha mellor optimización dos recursos.
  • Os días 7 e 8 de xuño, o alumnado matriculado nun CEIP público do concello.

No local do ANPA, en horario de 9:00 a 9:30 e de 16:00 a 16:30 h.

Prazas:

  • Campamento: mínimo de 15. O máximo será de 45, a excepción de Curros Enríquez, Juan Fdez. Latorre e San Pedro de Visma que serán 60.
  • Madrugadores e comedor: mínimo de 10.

No caso de non chegares ao mínimo esixido, devolveríase a cota aboada.

Reservarase o 10% das prazas de cada quenda para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades co grupo.

+ Información

Federación Provincial de ANPAS

Rúa Orzán, 21, 15003 A Coruña

Tfno.: 981 202 002 / 981 201 877

Correo electrónico: ocio@fedapascoruna.org

Páxina web: www.fedapascoruna.org | http://fedapascoruna.org/2018/05/30/campacoles-2018/