A inscrición para os programas Listen and Speak en primaria e secundaria abre o 25 de xuño

Dende o luns 25 de xuño, as personas interesadas poderanse inscribir nos programas Listen and Speak. No caso de Primaria, o prazo de inscrición rematará o 16 de setembro e, no caso de Secundaria, será ata o 23 de setembro. A inscrición poderá facerse a partir das 9:00 h. a través das fichas específicas abertas na web educativa www.edu.coruna.es:

As persoas destinatarias do programa de Primaria son o alumnado que curse 3º, 4º, 5º e 6º, mentras que para Secundaria é o alumnado da ESO, Bacharelato ou FP.

Lémbrase que o principal criterio de selección é a orde de inscrición.

Os centros inscritos para esta actividade son, no caso de Primaria, os CEIP Aneja de Prácticas, Anxo da Garda, Emilia Pardo Bazán, José Cornide, Juan Fernández Latorre, Labaca, María Barbeito, María Pita, Raquel Camacho, Rosalía de Castro, Sagrada Familia, Salgado Torres, San Pedro de Visma e Zalaeta.

No caso de Secundaria, son os IES Agra do Orzán, Elviña, Eusebio da Guarda, Fernando Wirtz, Monte das Moas, Rafael Dieste, Puga Ramón, Menéndez Pidal, Otero Pedraio e Salvador de Madariaga.

Os centros non inscritos e que estean interesados poden poñerse en contacto coa Federación Provincial de ANPAS no correo listenandspeak@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 981 202 002 e 981 201 877.

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS

Servizo Municipal de Educación

Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200, extensión 12114