Aberta a inscrición da mostra “Converxencias Arte e Ciencia” para centros doutros concellos de Galicia ata o 15 de decembro

Image

Esta exposición-obradoiro, que vai acoller o centro Ágora do 15 ao 19 de xaneiro de 2018, está dirixida ao alumnado e ao profesorado de educación secundaria e primaria.

O Concello da Coruña e Igaciencia queremos darlle a benvida ao vindeiro ano achegando unha proposta que propicia o tratamento STEAM nas aulas (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas). Isto é, unha maneira de traballar a ciencia e a arte en proxectos conxuntos que impliquen ambos os polos.

Ábrese o prazo de inscrición para centros doutros concellos de Galicia, ata o 15 de decembro. Debedes facelo a través da web http://www.igaciencia.eu/node/274, onde, ademais da ficha de inscrición, está dispoñible o calendario de ocupación que se irá cubrindo progresivamente. Cómpre apuntar que os centros educativos do Concello da Coruña terán prioridade.

Visitas escolares a "Converxencias Arte e Ciencia"