Aberto o prazo para solicitar praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

Xa se pode solicitar praza na Rede de Escolas Infantís Municipais. O prazo de solicitude de novo ingreso exténdese ata o venres 4 de maio, incluído. Aquí pódese consultar a documentación necesaria.

É posible solicitar praza nun máximo de dúas escolas infantís municipais. Presentarase a documentación esixida en cada unha delas. De incumprirse esta norma, o solicitante pasará a ocupar o último lugar na relación de solicitudes, independentemente da puntuación obtida. Unha vez pechado o prazo de solicitudes non se permitirá a alegación nin a xustificación de méritos.

O total de vacantes para inscribir aos nenos e nenas de ata tres anos é de 402 prazas. Os nados neste ano optan a 122 prazas, os que o fixeron en 2017 a 185, e os do 2016 a 95.

Relación de prazas por escola

Detalladamente, a relación de prazas vacantes por escola é a seguinte:

1. Para os menores dun ano:

  • A Caracola: 16 prazas
  • Arela: 16 prazas
  • Agra do Orzán: 16 prazas
  • Carmen Cervigón: 16 prazas
  • Carricanta: 16 prazas
  • Los Rosales: 16 prazas
  • Luis Seoane: 6 prazas
  • Monte Alto: 8 prazas
  • Os Cativos: 12 prazas

2. Para os nenos e nenas de entre 1 e 2 anos:

  • A Caracola: 10 prazas
  • Arela: 23 prazas
  • Agra do Orzán: 10 prazas
  • Carmen Cervigón: 23 prazas
  • Carricanta: 24 prazas
  • Los Rosales: 36 prazas
  • Luis Seoane: 31 prazas
  • Monte Alto: 5 prazas
  • Os Cativos: 23 prazas

3. Para os cativos e cativas e ata 3 anos:

  • A Caracola: 14 prazas
  • Arela: 21 prazas
  • Agra do Orzán: 14 prazas
  • Carmen Cervigón: 1 praza
  • Carricanta: 21 prazas
  • Los Rosales: 9 prazas
  • Luis Seoane: 1 praza
  • Monte Alto: 7 prazas
  • Os Cativos: 7 prazas

Calendario

Os demais prazos do proceso de admisión e matrícula son os seguintes:

O 8 e 9 de maio celebraranse os consellos escolares, o 11 de maio a Comisión de escolarización. O 14 de maio publicaranse as listas provisionais e do 15 ao 29 de maio extenderase o prazo de reclamacións.

As reclamacións consideraranse resoltas coa publicación das puntuacións definitivas. Durante este período, non serán admitidos nin valorados novos documentos que non fosen presentados no prazo de solicitude.

Rematado o prazo de reclamacións celebraranse os novos consellos escolares: 30 de maio e Comisión de escolarización: 31 de maio.

As listas definitivas e de agarda publicaranse o 1 de xuño.

O prazo de matrícula irá do 1 ao 14 de xuño.

O curso escolar 2018-2019 iniciarase o 5 de setembro.

Máis información