Ábrese un prazo extraordinario para solicitar praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

Rematado o período para formalizar a matrícula, ábrese un novo prazo extraordinario para solicitar praza na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) para o curso 2018/19.

Este novo prazo comeza o luns 18 de xuño e remata o venres 22.

As solicitudes realizaranse nas propias escolas, en horario de secretaría. Só se poderá presentar unha solicitude nun máximo de dúas escolas.