Arrinca o curso sobre saúde no medio escolar para o profesorado da REIM

A sede da Fundación María José Jove acolle a primeira xornada desta actividade formativa á que asisten 43 profesores/as e persoas de apoio das Escolas Infantís Municipais. O curso está enmarcado no programa Educa Saúde do Servizo Municipal de Educación da Coruña e impartirase tamén os días 14 e 19 deste mes.