As escolas infantís municipais Arela, Monte Alto e Os Cativos participan nun mercadillo para recaudar fondos para unha escola de Mozambique

As escolas infantís municipais Arela, Monte Alto e Os Cativos, participantes no Proxecto "Fitas do Vento", xunto co colexio Santa María do Mar, terán un posto para recaudar fondos para mercar sementes e poder seguir co proxecto da horta escolar que están levando na escola CEI AMAN de Teté (Mozambique), no marco do proxecto "Sementes do Futuro". Con esta recadación permitirán engadir vexetais frescos na dieta do alumnado.

Co gallo do Día da Patria, o evento solidario, organizado pola Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz, celébrase o sábado 21, ás 19.00 horas, na praza de Esther Pita, en Santa Cruz.

Sementes do Futuro

“Sementes de Futuro” ten como obxectivo sensibilizar e colaborar nunha alimentación equilibrada dos rapaces e rapazas da escola CEI AMAN en Teté.