Bolsas FP-Proxecto AcorEuropa VI.1ª Convocatoria

O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia.

O proxecto será desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), a Deputación Provincial da Coruña e os centros docentes asociados.

O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP y desenvolverase, ata decembro de 2017, para estudantes que rematen os seus estudos e prácticas de FCT en decembro de 2016 ou en xuño de 2017.

Neste sentido, para poder participar os candidatos teñen que obter o título do seu ciclo de FP en algún dos centros públicos do municipio, que participan como socios no programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIF Someso, IES A Sardiñeira, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, CPR Cruz Vermella, CPR Grande Obra de Atocha e CPR Liceo La Paz.

A inscrición abrirase do 3 ao 28 de abril, na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017.

Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal realizada pola Comisión de Valoración, na que estarán representados o Concello e os centros docentes socios do programa.

Para informar sobre as características e dotación das bolsas, condicións, etc., e dar resposta a todas aquelas consultas dos estudantes interesados, técnicos do Servizo Municipal de Educación están a desprazarse aos centros adscritos ao programa.

As 25 bolsas distribuense da seguinte maneira:

  • Florencia (Italia): 7 bolsas
  • Lisboa (Portugal): 8 bolsas
  • Cork (Irlanda): 5 bolsas
  • Viena (Austria): 3 bolsas
  • Burdeos (Francia): 2 bolsas

As bolsas incluen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. A súa contía estimada oscila entre os mías de 1.100 euros nos casos de Francia e Irlanda, e os 850 euros no caso de Portugal.

O Concello tamén se encarga da xestión do programa: organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos, a búsqueda das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE.

Esta é a sexta edición do programa e o número de participantes ata agora no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA é de 147:

  • na primeira edición, no curso 2012/13, participaron 5 titulados en ciclos superiores de FP;
  • na segunda, no curso 2013/14, participaron 30 titulados de ciclos superiores de FP;
  • na terceira, no curso 2014/15, participaron 52 titulados de ciclos medios de FP;
  • na cuarta edición (nas súas 3 convocatorias), nos cursos 2015/16 e 2016/17, participaron 50 titulados de ciclos medios de FP;
  • na quinta edición, no curso 2016/17, están a participar actualmente 10 titulados en ciclos superiores de FP.

BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI está incluído dentro dos programas Erasmus+ e conta co financiamento da Unión Europea que, a través do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), estableciu un convenio de colaboración co Concello da Coruña para o seu financiamento.

Cun custo total de 216.235,00€ (para as dúas convocatorias, con 50 bolsas en total): a aportación do SEPIE ao proxecto é de 174.510,00 €, pola súa parte o Concello da Coruña aportará 26.725,00 € e á Deputación da Coruña unha subvención de 15.000€.

Mais información:

Servizo Municipal de Educación: educacion@coruna.es

981 18 400 ext 12114

Acceso ao Libro dixital

Ficha de inscrición