Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil-Tablet 2017

Image

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil-Tablet: "d3mobile Metrology World League", ao que se suma o Concello da Coruña co “PREMIO Á INNOVACIÓN D3MOBILE CONCELLO DA CORUÑA” ao centro do equipo campión desta cidade.

O campionato conta co patrocinio da UNESCO, que representa o nivel máis exclusivo de apoio desta Organización e que é otrogado a aquelos proxectos que contan con importancia para os programas e obxectivos estratéxicos da UNESCO.

A extracción de información métrica 3D precisa e eficaz do noso ámbito resulta clave para o seu correcto estudo, e é neste punto onde a fotogrametría se presenta como unha opción de grande interese. Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio móvil-tablet.

O Campionato desenvolverase a través da Web: http://www.d3mobile.es/.

BASES: http://d3mobile.es/bases.php

PERSOAS DESTINATARIAS: alumnado nado entre o 1/1/1999 e 31/12/2004 de todo o mundo.

INSCRICIÓN: Ata o 14 de marzo de 2017.

Para participar será necesario formalizar a inscrición por equipos, formados por entre 2 e 4 alumnos/as (de 12 a 17 anos) e un/unha profesor/a responsable que será o/a líder. Un mesmo profesor poderá tutelar ata un máximo de 6 equipos, do mesmo ou de diferentes cursos. En cualquera caso, so se concederá un premio por centro escolar en base á puntuación total lograda.

A inscrición formalizarase en dúas partes:

1ª. Realizarase directamente a través da páxina Web oficial do Campionato: http://www.d3mobile.es/.

2ª. A través da páxina oficial do programa Autodesk 123D Catch http://www.123dapp.com/catch. O rexistro na páxina do software non está limitado no tempo, pero é requisito para a descarga do 123D Catch e outras funcionalidades.

Tras a preinscrición do profesorado, este xa dispoñerá dos enunciados das tres probas e acceso ao foro do campionato, para poder así configurar os seus equipos, planificar o seu traballo e o do seu alumnado.

Recoméndase comezar a realizar as probas no momento de descargalas.

Ligazón:

- Libro dixital A Coruña Educa 2016-17