Curso de formación: “Proxectos científicos na aula”

Curso dirixido ao profesorado de ensinanza infantil, primaria e secundaria.

Con motivo da celebración da XVI edición de “Ciencia en Acción” que terá lugar do 2 ao 4 de outubro na Domus da Coruña, convócase o seguinte curso de formación:

  • Tema: "Proxectos científicos na aula"
  • Datas: 19 e 26 de febreiro
  • Lugar: Domus
  • Hora: 16:30 a 20:30 horas

O curso ten un recoñecemento de 8 horas de formación.

Organiza a Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña, CFR da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses.