Final do torneo municipal de debate escolar

Image

A final do Torneo Municipal de Debate Escolar celebrada o pasado día 24 de febreiro no Centro Ágora contou coa presenza dun moderador de luxo: Manuel Campo Vidal.

No torneo participaron un total de 155 alumnos de 14 centros de educación secundaria da cidade, e tiña como obxectivo dar a oportunidade ao estudantado de aprender a expresarse en público e defender as súas ideas.

Segundo o xornalista Manuel Campo Vidal, esta iniciativa é "enormemente interesante" xa que axuda a suplir "a deficiencia do sistema educativo en materias de comunicación".

O concelleiro de Educación e Deportes, Francisco Mourelo destacou o éxito de participación deste primeiro torneo e anunciou que haberá máis edicións dado o éxito da iniciativa.

A Compañía de María impúxose na final

Un total de 155 alumnos e alumnas divididos en 31 equipos, participaron neste peculiar torneo, no que onte se celebrou a xornada máis intensa. Despois de pasar oitavos, cuartos e semifinais celebrouse a apretada final entre os equipos das Esclavas e A Compañía de María, finalmente gañadora.