Idiomas do Mundo 2017

Image

IDIOMAS DO MUNDO 2017 PUBLICACIÓN DA LISTAXE COS NÚMEROS DE ASIGNACIÓN

En consoancia coa cláusula 41 das bases do programa “As listaxes provisionais (unha por idioma) publicaranse na páxina web www.edu.coruna.es. A adxudicación de prazas realizarase por orde de puntuación en función do idioma de preferencia que figure na solicitude de inscrición. Aquelas/es participantes que por número de orde lles correspondería ser seleccionadas/os en máis dunha lista só figurarán naquela correspondente ao idioma que figure antes na orde de preferencia indicada na súa ficha de solicitude”.

Fronte ás listaxes provisionais abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da devandita publicación, co fin de que as/os interesadas/os aleguen o que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos, emenden as faltas ou acompañen os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixeren, teráselles (no caso de que corresponda) por desistidas/os da súa petición.

O prazo remata o venres 23 de xuño.

MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación. educacion@coruna.es

T: 981 184 200 ext: 12038 e 12043

Acceso ao Libro Dixital