Idiomas do Mundo 2018: Publicadas as listaxes provisionais

Reunida a Comisión de valoración do programa Idiomas do Mundo 2018, o martes 15 de maio de 2018, e consonte coa cláusula 44ª das bases do programa, publícanse:

- As relacións provisionais, unha para cada idioma do alumnado seleccionado, en listaxe de agarda e, no seu caso, excluídos.

Tendo en conta que “as/os solicitantes seleccionadas/os nalgunha das listas non figurarán, se é o caso, nas listaxes de agarda das outras. As/os non seleccionadas/os poderán figurar en máis dunha”.

- A listaxe de persoas excluidas, que non cumpren os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión”.

- A acta da Comisión de valoración:

que, entre outros acordos, decidiu que “as 18 persoas que cubriron a ficha específica “en liña” cos ID do xustificante nº: 14, 19, 20, 25, 26, 32, 37, 38, 39, 58, 64, 65, 72, 81, 83, 84, 94 e 100, non entraron no proceso de selección por non ter presentado a solicitude por rexistro (segundo a clausula 33ª das bases)”.

Por último, e segundo a cláusula 45ª, “fronte ás listaxes provisionais abrirase un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da devandita publicación, co fin de que as/os interesadas/os aleguen o que estimen oportuno en defensa dos seus dereitos, emenden as faltas ou acompañen os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixeren, teráselles (no caso de que corresponda) por desistidas/os da súa petición”. De tal xeito, o prazo de alegacións exténdese ata o 31 de maio.

As alegacións deberán ser presentadas por rexistro.



MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación. educacion@coruna.es

T: 981 184 200 ext: 12038 e 12043

Documentos relacionados: as bases, a Acta da comisión de valoración, listaxes provisionais de alemán, francés, inglés e portugués, e a listaxe provisional de persoas excluídas.