Inauguración da exposición “Converxencias Arte e Ciencia”

Prácenos convidar o profesorado dos centros educativos da cidade, especialmente os inscritos para a súa visita e obradoiros, e as ANPAs á inauguración da exposición Converxencias Arte e Ciencia pola concelleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña e o Secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O acto celebrarase o venres 12 de xaneiro de 2018, ás 18.00 h, no centro Ágora.

Apoiada polo Concello da Coruña, a proposta enmárcase dentro das actividades da Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) para desenvolver o seu papel de plataforma de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade actual. Igaciencia promove a síntese de cultura e innovación para propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

A súa temática é a visualización da interacción, das conexións, entre a arte e a ciencia para establecer visións integradas e integradoras que, sen dúbida, favorecen unha maior comprensión de todas e cada unha delas.

A mostra permanecerá do 15 ao 19 de xaneiro no centro Ágora, e estará aberta ao público en horario de tarde (ata ás 21 h).

Ás visitas e aos obradoiros están inscritos/as 670 alumnos/as de 10 centros educativos (5 do Concello da Coruña e 5 da provincia).

Máis información na web de Igaciencia

Máis información na nosa web