IV Festival de curtas Ópera Prima 2017

O Festival é unha mostra das curtametraxes gravadas polo alumnado de 5º e 6º de E. Primaria dos 6 centros educativos da cidade que participaron nos “Obradoiros de iniciación á curtametraxe en lingua galega” no curso 2016/17, coordinados e dirixidos por Omar Rabuñal Varela, actor, director e guionista coruñés.

No festival proxectaranse as 8 curtas gravadas nos obradoiros. Será presentado por Ramiro Neira, actor e monologuista. Contarase coas actuacións dos gañadores e algún dos participantes do “V Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2016”.

Centros, participantes e curtametraxe:

Centros

Grupos

Nº de alumnos/as

Curtametraxes

CEIP Anxo da Garda

2

14

ACERO

17

GOT TALENT ANXO DA GARDA

CEIP Maria Pita

1

15

PRAGA

CEIP Manuel Murguia

2

9

POR UN SEGUNDO

9

BULLYING ZOMBI

CEIP Prácticas

1

15

PASADO OCULTO

CEIP Raquel Camacho

1

10

NINGUEN SABE NADA

CEIP San Francisco Xabier

1

23

POR UNHA PINGA DE SANGUE

TOTAL:6 centros

8

112 (86)

8 curtametraxes

O xurado estará formado por:

  • Anabel Fernández, coordinadora do ENL da Escola Oficial de Idiomas.
  • Gustavo Pernas, profesor de guión e artes escénicas da IES Escola de Imaxe e Son.
  • Manuel Viqueira, realizador especializado en efectos especiais.
  • Ana Judel Prieto, técnica de educación do Concello da Coruña, que actuará como secretaria.

E outorgarán os PREMIOS das categorías á mellor curtametraxe, mellor dirección, mellor guión e mellor reparto

As curtas realizadas no 1º trimestre do curso foron seleccionadas para participar no “Festival CinEOI Coruña” 2017 -organizado pola Escola Oficial de Idiomas, en colaboración co Concello da Coruña- e as realizadas no 2º semestre do curso participaran no devandito festival de 2018

O alumnado participante (96) recibirá un diploma sobre a realización do obradoiro e expedido polo Concello da Coruña, e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo taller de cerámica “Kerámicos” da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).