O alumnado da EIM Monte Alto coñece mellor as aves da contorna co grupo naturalista Hábitat

A actividade forma parte do proxecto de Voz Natura da escola: "A Torre: mar e terra". Na sesión, dirixida por un ornitólogo de Hábitat, os nenos e nenas aprenderon moito sobre as aves, os seus niños, a súa alimentación...

En próximas datas realizarase unha nova sesión, esta vez xa no exterior, na zona da Torre, para observar, coñecer e desfrutar do noso litoral e as súas aves.

Neste vídeo en Youtube resúmese o desenvolvemento da sesión: https://www.youtube.com/watch?v=L-qyLFSm3eY