O equipo do IES Eusebio da Guarda é o gañador do PREMIO DE INNOVACIÓN D3MOBILE

O equipo Eusebio_3 do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda é o gañador do PREMIO DE INNOVACIÓN D3MOBILE – CONCELLO DA CORUÑA no Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil-Tablet 2017.

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil-Tablet: "d3mobile Metrology World League", ao que se suma o Concello da Coruña co “PREMIO Á INNOVACIÓN D3MOBILE CONCELLO DA CORUÑA” ao centro do equipo campión desta cidade.

EQUIPO CAMPEÓN DO CONCELLO DA CORUÑA na categoría de Equipos de artistas 3D

INNOVACIÓN D3MOBILE – CONCELLO DA CORUÑA

O equipo EUSEBIO_3 do IES PLURILINGÜE EUSEBIO DA GUARDA DA CORUÑA (ESPAÑA), formado polos alumnos Alfredo Chavert Sánchez, Roque Placer Regueira, Alejandro Vázquez López e Diego Moral Fernández, coordinados polo profesor D. Mario Simón García González.

MODELO 3D: https://skfb.ly/6tAtr

Publicación dos equipos gañadores: http://www.d3mobile.es/ganadores_2017.php