O programa Educa Saúde desenvolverase do 12 de marzo ao 15 de maio en seis centros educativos da cidade

Ao longo de tres meses haberá 139 charlas para nenos e nenas y 12 para pais e nais dos centros Manuel Murguía, Labaca, Ramón de la Sagra, Concepción Arenal, Eusebio da Guarda e Víctor López Seoane.

As charlas a escolares dirixiranse a uns 1.100 nenos e nenas dun total de 44 aulas. Trátase dun programa de prevención e formación que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudable desde a infancia. Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional.

O programa inclúe tamén ás familias como axente determinante na transmisión destas condutas. Por iso se celebrará unha charla por cada bloque temático en tres dos centros: Manuel Murguía, Víctor López Seoane e Eusebio da Guarda. A este último, acudirán os pais e nais de Ramón de la Sagra, Labaca e Concepción Arenal.

Máis información no Libro dixital A Coruña Educa 2017-2018.