Programa da Xornada "Xestión de comedores escolares ecolóxicos e de proximidade"

A escola infantil municipal A Caracola organiza xunto á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (GDR) unha xornada de achegamento entre os distintos axentes comprometidos no proxecto Ecocomedores: alimentación, produción e educación.

O encontro será o xoves 26, no centro cívico Mesoiro (xornada de mañá) e na escola infantil municipal A Caracola (xornada de tarde).

Ás 11.00 horas inaugurase o obradoiro para dar paso a Nani Moré e Carles Soler, membros da asociación Menjadors Ecològics, que axudarán aos participantes a revisar a súa xestión do comedor. Ás 14.20 horas está previsto o remate desta primera parte do obradoiro.

A xornada retomarase, xa na EIM A Caracola, ás 16.00 horas e porá fin ás 19.00 horas.

Máis información:

Asociación Mariñas-Betanzos

Tlf. 981 669 541

info@marinasbetanzos.gal

www.marinasbetanzos.gal