Un total de 45 escolares de toda Galicia participarán na final do XVIII Rebumbio Matemático

Un total de 45 escolares procedentes de toda Galicia participarán o próximo 25 de maio na final do XVIII Rebumbio Matemático que se celebrará no Fórum Metropolitano.

Os grupos finalistas representarán aos centros Montespiño, Hijas de Cristo Rey, Hijas de Jesús, Andaina e Santo Domingo, de A Coruña; Almirante Juan de Lángara y Huarte, de Ferrol; e Eladia Mariño, de Cabanas; Divina Pastora, de Ourense; Filipense Sagrada Familia, de Vilagarcía; Abrente, de Sanxenxo; Nuestra Señora de los Remedios, de Santiago; Castelao, de Ordes, Niño Jesús de Praga, Carmelitas e María Auxiliadora de Vigo.

A final galega do Rebumbio Matemático, organizado por Agapema e o Concello da Coruña, terá lugar a partir das 10.30 no Fórum Metropolitano. Os rapaces e rapazas finalistas visitarán posteriormente o Acuario, para logo procederse á entrega de premios no Fórum Metropolitano.

MÁIS INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS:

Agapema: www.agapema.org

Servizo Municipal de Educación

Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª pranta. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200, extensión 12114