Xornadas formativas para participar no concurso "Sensores para todos 2018"

Os venres 6 e 20 de abril, de 17 a 20:30 h, no Centro Ágora da Coruña, convócase a formación para o profesorado e o alumnado de toda Galicia interesados en:

  • participar no concurso do Concello da Coruña “Sensores para todos2018”;
  • preparar actividades con sensores para o Día da Ciencia na Rúa;
  • aprender a programar en Arduino, EV3 ou Raspberry Pi; e
  • sensores no Smartphone.

Nesas reunións tratarase como orientar o concurso e de dar resposta ás dificultades que teña o profesorado (e o alumnado), de modo que os/as asistentes saian cun convencemento de que o traballo con sensores é asequible e divertido. Con sensores non hai nada imposible!

Os/as asistentes poden ser profesorado de toda Galicia e o seu alumnado (cun máximo de 2 alumnos por grupo participante), que deben inscribirse en http://www.igaciencia.eu/node/279, para poder planificar as reunións.

Lembrade que o prazo de inscrición para o concurso está aberto ata o 31 de maio.

Máis información no Libro dixital 2017-2018.