Cincuentenario do Centro de Ensino Curros Enríquez. Un nome na nosa cidade.

O día 3 de novembro de 1963, celébrase a bendición do Colexio polo P. Carballo, asistindo o Inspector D. Victor Sáenz, o Concelleiro de Cultura Sr. Miguez Tapia, a Directora do centro Dna. Adela Mantiñan González, Mestres/as e alumnos/as.

Sen embargo, a data de inauguración do centro non é o comezo da súa andaina, xa que, como poderemos comprobar ao longo do monográfico que presentamos, ao centro Curros Enriquez precédelle unha interesante historia.

  • proxecto pedro mariño Grupo Escolar Curros Enriquez: Un PROXECTO inicial de PEDRO MARIÑO

    Na cidade coruñesa do mesmo xeito que sucedía no resto de Galicia, ata finais do sec XIX o panorama escolar presentaba unha situación precaria, xa que apenas existían edificios contruidos para desenvolver a función educativa, senon que na maioría dos casos se utilizaban locais alugados en casas particulares que non cumprían as condicións requeridas.

  • Curros Vida e obra de Curros Enríquez

    Nacido o 15 de setembro de 1851 en Celanova (Ourense), Manuel Curros Enríquez pasa por ser, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do denominado “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.

  • asorey Curros Enríquez e a súa relación coa cidade da Coruña

    A vinculación de Curros á cidade da Coruña, iniciada na súa mocidade e consolidada na homenaxe de 1904, quedou definitivamente establecida en 1908 co enterramento do poeta no cemiterio de Santo Amaro.

  • CEIP Curros Enríquez Actos do CEIP Curros Enríquez

    Dende o CEIP Curros Enríquez celebrarán o "cincuentenario" do centro, para o que se teñen previsto organizar unha serie de actos.